Thursday 18 de April de 2024

Curso de Mediadores


O curso de Mediadores/as Sociais en Prevención organizado conxuntamente polos concellos de Fene, Mugardos e Neda arrancaba esta semana no salón de actos da Casa da Cultura. Impartido por persoal de Asfedro, diríxese a aquelas persoas que poden exercer unha función mediadora na prevención de condutas adictivas e busca mellorar a súa formación na materia e aumentar as habilidades para a planificación de programas preventivos. Celebraranse sesións todos os mércores ata mediados do mes de xuño, e aínda quedan prazas libres, co que hai a posibilidade de sumarse ao programa.

As persoas interesadas poden facelo a través do correo celia.sabin@neda.gal ou presencialmente na Casa da Cultura. A ficha de solicitude pode descargarse da web municipal, no seguinte enlace: https://cutt.ly/KGglISz